Certificado ISO 9001:2015. Sistema de Xestión de Calidade

11/03/2019

EMOCIACCIÓN cerftifícase na Xestión da Calidade.

 

O noso compromiso coa calidade dos nosos servizos e a importancia da satisfacción do cliente agora reflíctense na nosa Certificación en Sistemas de Xestión da Calidade, de acordo coa Norma ISO 9001: 2015 nas nosas instalacións de A Coruña. O órgano de certificación Cámara Certifica confirma no seu informe que EMOCIACCIÓN é considerada efectiva para levar a cabo o cumprimento da súa política de calidade, orientada ao cliente e baseada nunha mellora continua na que todo o persoal da entidade está moi involucrado.

 

 A través deste sistema:

  • Melloramos a calidade dos nosos servizos grazas ás opinións e observacións dos clientes que valoramos para proxectos futuros, polo tanto, orientando os nosos esforzos cara á máxima satisfacción do cliente.
  • Integramos procesos, mellorando a eficiencia interna da Organización.
  • Promovemos a comunicación interna e externa.

O seguinte paso? Demostrar o noso compromiso co entorno social e medioambiental, a través da certificación do noso Sistema de Xestión Ética e Socialmente Responsábel, xa implementado e posto en funcionamento.

 

Para máis información sobre o Noso Comprosimo Social aquí.

 

Escrito por: Alexandra Del Castillo

Categorías

Novas máis lidas

Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Uso de Cookies.