Blog

XuvenTur 2017

  15-09-2017

Que é Xuventur?

A Axencia Turismo de Galicia e a Consellería de Política Social a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado poñen en marcha o programa Xuventur 2017.
Trátase dun programa de actividades de educación non formal para desen-volver en establecementos rurais galegos, en estancias de fin de semana, que sirva tanto para a adquisición de competencias e habilidades por parte da mocidade como para fomentar o coñecemento da riqueza natural, o coidado do ambiente, o goce da paisaxe e o contacto coa natureza entre a mocidade.
Ofrécense distintas alternativas de participación no mes de outubro.
 

Quen pode participar?

Xuventur 2017 está dirixido á xente nova que teña entre 18 e 30 anos no momento da solicitude e queira gozar dun programa de actividades de educación non formal nos espazos naturais de Galicia.
 

Obxectivos do programa

•    Mellorar as competencias e habilidades da xuventude a través da educación non formal.
•    Facilitar que as mozas e mozos galegos participantes coñezan a xeografía e patrimonio natural, cultural e etnográfico de Galicia, promovendo o seu respecto.
•    Proporcionar á xente nova a oportunidade de vivir a experiencia do turismo rural de Galicia.
•    Promover a educación ambiental e o ocio saudable.

 

O programa, que é gratuíto, inclúe:

•    Aloxamento en establecementos rurais (noites de venres e sábado). A asignación de cuartos será de libre disposición, o que supón que haberá que compartir os que sexan de dúas prazas no momento da asignación dos mesmos.
•    Manutención completa dende a cea do venres ata o almorzo do domingo.
•    Programa de actividades, equipo técnico responsable, así como o material preciso para o seu desenvolvemento (no suposto de mal tempo levaranse a cabo actividades alternativas).

O desprazamento ata os aloxamentos vai por conta das persoas que participan, tanto o día de incorporación como o día do remate da actividade.

 

Condicións de participación

•    As persoas mozas participantes terán que respectar os horarios establecidos.
•    Durante a estancia nos aloxamentos, respectaranse as normas de organización interna en cada un deles.
•    As persoas organizadoras reservaranse o dereito a cambiar algunha parte do programa ou servizo, incluso de cancelalo en caso de que sexa necesario por seguridade das persoas participantes.
•    A realización e o desenvolvemento das actividades estará condicionada polas condicións metereolóxicas xerais.
•    A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado poderá cancelar calquera dos programas, en caso de que non exista un número mínimo de participantes.
•    Se calquera das persoas participantes incumpre as normas xerais que alteren o desenvolvemento normal da viaxe, poderán ser expulsadas da súa participación na actividade correspondente.

•    Será necesario levar a tarxeta sanitaria e o DNI durante os días de realización do programa.
•    A incorporación realizarase os venres pola tarde antes das 21:00 horas, e a saída será ao remate da actividade, que será sempre os domingos antes do xantar (consultar o programa de cada actividade para saber o horario específico).
•    A participación no programa supón a aceptación das condicións deste. Noutro caso poderá excluírse do programa á persoa participante que incumpra as devanditas condicións.

 

Material necesario

Útiles de aseo, roupa axeitada (usada e cómoda), prendas de abrigo e chuvia, calzado deportivo (forte e cómodo) e mochila.
É importante que a roupa e o calzado sexan axeitados para as actividades do programa elixido. En cada programa figuran as indicacións a este respecto.
 

Prazas

O número máximo de persoas que poden participar en cada unha das opcións e fins de semana oscila entre 17 e 18, en función da capacidade das casas de turismo rural correspondentes.
 

Inscricións e reservas

•    A reserva de praza efectuarase unicamente por vía telefónica nos teléfonos sinalados. En cada chamada telefónica se poderán asignar un máximo de dúas prazas.
•    Logo de confirmarse a adxudicación da/s praza/s na mesma chamada telefónica, haberá un prazo de 48 horas para remitir por correo electró-nico a seguinte documentación:
•     Fotocopia escaneada do DNI.
•     Fotocopia escaneada do formulario de confirmación de solicitude (que se pode descargar na web PULSE AQUI.

Esta documentación debe enviarse ao enderezo de correo electrónico xuventude.programas@xunta.gal indicando no asunto o programa ao que está inscrito.

Aviso: A falta de datos, que estes sexan erróneos, enviar mal a documentación ou non enviala ocasionará a baixa automática do programa e as prazas quedarán dispoñibles para as persoas en reserva.

 

Prazo de inscrición

O prazo de inscrición comezará o día  12 de setembro ás 9:00 horas.
O horario de  atención ás chamadas será de 9:00 a 14:00 h.
Os teléfonos onde podes realizar as reservas son:  
881 999 025 e 981 545 293

 

Adxudicación das prazas

As prazas adxudicaranse por rigorosa orde de entrada das chamadas e asinaranse ata esgotar todas as dispoñibles por programa.
No formulario de confirmación de solicitude, só se poderá elixir unha quenda.
Os/as participantes admitidos que por calquera causa non podan finalmente asistir ás actividades, deberán comunicalo á Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado a través de chamada telefónica ou nun correo electrónico (xuventude.programas@xunta.gal) cunha antelación mínima de 5 días naturais a data de inicio do programa, co fin de poder asinar as prazas vacantes aos solicitantes da lista de espera.
De non facelo así quedarán excluídos de participación en sucesivas edicións deste programa e nos demais que poña en marcha a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

 

PROGRAMAS DE EMOCIACCIÓN:

 

  1. APRENDO A EMPRENDER

Achegamento ás bases do modelo Lean Startup para o emprendemento. Fragas do Eume (A Capela, A Coruña)

Actividades

Traballo en equipo e experimentación de diferentes roles, experiencias de cooperación, dinámicas e xogos para explorar as motivacións a emprender, sendeirismo en equipo, dinámicas de xogos (inclúe LEGO) orientadas a descubrir a base conceptual Lean Startup, dinámica de PNL (Programación Neurolingüística) dentro dun ecosistema emprendedor simple.

Datas: Venres a domingo de outubro: 6 ao 8 • 13 ao 15 • 20 ao 22 • 27 ao 29.

Horario Entrada: 20:30 h do venres e saída 11:00 h do domingo.

Prazas: 18 en cada quenda.
Material indispensable
Roupa cómoda para actividade tranquila ao aire libre, bañador, gorro, chanclas e toalla para ir á piscina e útiles de aseo persoal.

Aloxamento
Hotel Fraga do Eume, Lugar A Estoxa 4, 15613 A Capela  Tel.: 981 49 24 06

 

  1. COÑÉCETE A TI MESMO

Achegamento ás bases do coaching a PNL (Programación Neurolingüística) para conectar coas emocións, creenzas, valores e os diferentes recursos que isto conleva. Manzaneda, Ourense

Actividades

Introdución ao ioga, traballo en sinerxia, roles no equipo, rocódromo, sendeirismo con busca do tesouro, introdución á PNL, metacomunicación e linguaxe non verbal.

Datas: Venres a domingo de outubro: 6 ao 8 • 13 ao 15 • 20 ao 22 • 27 ao 29.

Prazas: 18 en cada quenda.

Horario: Entrada 20:30 h do venres e saída 11:00 h do domingo.

Material indispensable
Roupa cómoda para actividade tranquila ao aire libre, bañador, gorro, chanclas e toalla para ir á piscina e útiles de aseo persoal.

Aloxamento
Hotel Oca Manzaneda, 32780 A Pobra de Trives
Tel. 988 30 90 90

 

VEN A VIVIR UNA EXPERIENCIA DIFERENTE DE TURISMO RURAL DE GALICIA!!!!